sábado, 3 de noviembre de 2012

As críticas positivas contribúen ao goberno da nación


O texto íntegro do que parto nesta labor de documentación é o seguinte:

Resumo do texto
Recolle as principais ideas desenvolvidas por José Antonio Marina.

“El síndrome de inmunodeficiencia social” é un texto ben redactado, facilmente lexible, ameno e interesante, no que José Antonio Marina nos alerta sobre unha patoloxía que sofre a sociedade actual: a síndrome de inmunodeficiencia social. Consiste na incapacidade da poboación para defenderse das lacras que a están consumindo, referíndonos con isto á corrupción política e empresarial ou á falta dun goberno responsable  por parte das institucións do país.
A sociedade está desmoralizada, desanimada, decepcionada. A súa falta de pensamento crítico deriva na indiferenza cara os problemas. “No nos escandalizamos ya por nada”, di J.A Marina. Aceptamos como normal o inmoral, o indigno, o extraordinario. Somos tolerantes co que nos debería resultar repugnante. Por isto, somos unha colectividade enferma, enferma de inmunodeficiencia social.
O autor propón unha serie de fármacos ou solucións para facer fronte á doenza: castigar, con penas que sirvan de modelo e de advertencia, ser críticos cos nosos gobernantes e coas súas ideoloxías (“votar siempre al mismo partido, haga lo que haga, no es una muestra de sensatez política”, J.A Marina) e, sobre todo, participar políticamente como cidadáns. En definitiva, temos que conseguir que as institucións baixo as que se rexe o país se movan nun marco ético.

Claves sobre as que nos imos documentar
Trátase das palabras ou conceptos nos que imos profundizar máis, por teren relevancia para a comprensión da lectura e nos que, por outro lado, pode resultar interesante buscar novas perspectivas.

José Antonio Marina: Toledo, 1939. É probablemente o máis coñecido dos pensadores españois na actualidade. Na súa longa traxectoria compaxinou  a investigación filosófica co traballo como profesor de Filosofía nun instituto de ensinanza secundaria madrileño.
Síndrome: conxunto de signos e síntomas que configuran unha enfermidade.
Inmunodeficiencia: calquera trastorno na fisioloxía da inmunidade celular ou humoral.
Patoloxía: enfermidade.
Pensamento crítico: actitude intelectual cuxo obxectivo é analizar ou evaluar a estrutura e consistencia dos razoamentos, en particular as opinións que na vida cotiá acostuman aceptarse coma verdadeiras.
Democracia parlamentaria: forma de goberno representativa na que o Parlamento participa exclusivamente  na dirección dos asuntos do Estado. A formación do goberno e a súa permanencia dependen do consentimento da maioría parlamentaria, procedente das eleccións ou dunha coalición.
Tolerancia: respeto das ideas, crenzas ou prácticas cando son diferentes ou contrarias ás propias.
Xustiza: o razonable, o equitativo, o indicado polo Dereito.
Castigo exemplar: que serve de escarmento.
Participación política dos cidadáns: presenza dos cidadáns nos asuntos públicos.
Estado: unidade política composta polos órganos de goberno dun país soberano.
Sociedade civil: individuos alleos á esfera do Estado.
Sociedade política: involucrada no gobernó do Estado.

Fontes
Son o reflexo dos documentos, obras ou materiais que nos foron útiles para completar o texto de Marina.


  • El Poder de la Palabra é unha web adicada á prosa poética. Nela dispoñemos de fragmentos de textos literarios, así como da biografía e das imaxes dos seus autores, entre os que aparece José Antonio Marina.
Neste link (http://www.epdlp.com/escritor.php?id=2942) consultei unha breve biografía sobre Marina, para ter un coñecemento necesario sobre o autor do texto.

  • A Clínica Universidade de Navarra, dentro da súa área de salúde, dispón dun Diccionario Médico especializado. Diccionario Médico, Clínica Universidad de Navarra, 1962. Velaquí o enlace: http://www.cun.es/area-salud/diccionario-medico
Optei por consultar un dicionario médico por ser unha boa ferramenta para coñecer o significado dos termos síndrome, inmunodeficiencia e patoloxía, continuamente empregados polo autor a modo de símil. Compara o estado do organismo, cando o sistema inmunitario deixa de funcionar, coa falta de reacción por parte da sociedade indefensa ante os males actuais.

  • EDUTEKA é o Portal gratuíto para docentes e directivos escolares interesados en mellorar a educación co apoio das Tecnoloxías da Información. 
RICHARD, Paul e LINDA, Elder: << ¿Por qué pensamiento crítico?>> Eduteka (abril 2006).
Aquí achego o enlace: http://www.eduteka.org/PensamientoCritico1.php
Esta páxina conta cunha mostra bastante completa do que sería o pensamento crítico dende o punto de vista de diversos autores. Ademais, mostra por medio de mapas conceptuais os esquemas nos que se basa o razoamento, de xeito que poidamos ter máis clara a idea. É interesante profundizar no concepto de pensamento crítico, pois a súa ausencia é unha das causas nas que insiste o autor para explicar a “síndrome de inmunodeficiencia social”.


  • ESPINOZA , Ricardo. Sistemas parlamentario, presidencial y semipresidencial. Pie de imprenta. México : Instituto Federal Electoral, 1999
Adxunto o link: http://www.ife.org.mx/documentos/DECEYEC/sistemas_parlamentario.htm
Ricardo Espinoza Toledo mostra de maneira bastante detallada as características principais dos tres sistemas de organización política máis importantes na actualidade dentro das democracias: o parlamentarismo, o presidencialismo e o semipresidencialismo. Neste caso cómpre afondar máis na democracia parlamentaria e especialmente na súa dexeneración, materializada na ausencia de debate entre as forzas políticas. É conveniente establecer un contraste entre o modelo presentado por Espinoza e o que se dá na actualidade.


Velaquí o vínculo: http://www.historiaclasica.com/2007/03/la-decimatio-el-castigo-ejemplar.html
A historia cóntanos que na Antiga Roma a covardía do exército se pagaba coa execución ou lapidación dos seus membros. Era o chamado castigo exemplar ou “decimatio”. Persoalmente considero que José Antonio Marina fai de novo un símil entre as lexións romanas e os políticos. É necesario castigar, con penas que realmente sirvan de advertencia, os casos de corrupción política e o engano aos cidadáns.


O autor avoga pola participación política dos cidadáns, entendendo por isto o exercicio do voto e a loita polo respeto dos dereitos civís e sociais. Sen a participación cidadá a democracia perdería o seu fundamento. Neste tema insiste Perla Sánchez. A participación é a clave.


  • CALUORI, María Inés: <<Justicia y Tolerancia– Matías Bragagnolo>>, La historia paralela, 9 (Abril, 2007)
O vínculo sería este: http://www.lahistoriaparalela.com.ar/2007/04/09/justicia-y-tolerancia-matias-bragagnolo/
A tolerancia e a xustiza son dúas ideas ás que tamén alude o autor do texto. Tal como vimos no seguinte vínculo, hai que exercer a tolerancia pero non todo pode tolerarse pois,  non estaríamos a facer xustiza.


  • BLOG, Lo que quiso decir. AGUILAR, Rubén. 23 (Outubro, 2012).
Rubén Aguilar é socio fundador de Afan Consultores Internacionales e S.C. Doctor en Ciencias Sociais. Profesor no Departamento de Comunicacións e Ciencias Políticas da Universidade Iberoamericana. El pon a voz no enlace adxunto:
Enrique Iglesias foi o titular da Secretaría Xeral de Iberoamérica no XI Encontro Iberoamericano da Sociedade Civil celebrado en Madrid o pasado 15 e 16 de outubro. Rubén Aguilar dá o punto de vista de Iglesias, relacionado co achegamento entre a sociedade civil e a sociedade política por mor da crise económica. Sobre a separación de ambas falános Marina, quen considera insensato facer esta distinción. A sociedade para el política e civil ao mesmo tempo, pois pasa a ser política no momento no que ten que vivir na polis. Máis que unha fonte para afondar nas características dunha sociedade civil e dunha sociedade política, é unha mostra de como este debate é traído á actualidade co gallo da crise económica, pero considero que representa perfectamente a idea que Marina quería expresar.

Achegas propias
Inclúen a miña opinión persoal, a miña visión sobre a problemática que nos ocupa, a "síndrome de inmunodeficiencia social".

“Non comparto a túa opinión pero daría a miña vida por defender o teu dereito a expresala” François Marie Arouet, máis coñecido coma Voltaire.

“É moi perigoso que tantos cidadáns pasen do benestar á miseria, porque, neste caso, é moi difícil que deixen de ter o desexo de provocar revolucións” (Aristóteles, “Política”)

Eu resumiría nestas dúas citas o contido do texto. Persoalmente, considero que os eixos da sociedade na que vivimos hoxe mudaron radicalmente con respecto ó pasado. A corrupción e a falta de confianza nas institucións que dirixen o país derivaron en dúas actitudes antagónicas dentro da poboación. Por una banda, a pasividade, o desinterés, a tolerancia de certas actitudes insultantes para os cidadáns. E non todo é tolerable. Por outra banda, o radicalismo, a violencia, a ansia de revolución en certos sectores da sociedade. Os extremos non son bos e o aquí reflexado é un bo exemplo disto.

En liñas xerais, coincido con José Antonio Marina, pois certo é que de tantas primeiras planas nos xornais cheas de casos de suborno, cohecho, malversación de fondos… o impacto deste tipo de novas no noso cerebro é mínimo. Comezamos a admitir como normal o que debería ser extraordinario. Pero tamén é certo que namentres este tipo de delincuentes non comecen a pagar con penas realmente significativas e a xustiza e os medios de comunicación en moitos casos non deixen de ser órganos ao servizo do poder, os cidadáns de a pé non teñen os medios para por fin a esta cadea de desprósitos.



1 comentario:

  1. Está ben o traballo, pero ten un problema importante que quedou claro nunha das últimas clases que había que controla. Son a forma de facer as referencias. Non se pode dicir: aquí deixo o link, neste enlaces está, enlace adxunto... Se facemos ben as referencias, xa non temos que dicir eso. é innecesario. Un traballo digno require un coidado sobre como se cita e como se fan as referencias, senón deixa de ser un bó traballo. Por exemplo, nas conclusións mencionas a Voltaire e a Aristótles, sen páxina, sen ano de edición, e sen que aparezan as referencias completas. Iso ten moitos significados.

    ResponderEliminar